Información técnica sobre o proceso de sinatura electrónica

A partir do mes de abril de 2015, o soporte para NPAPI quedou desactivado por defecto no navegador Google Chrome.

De igual forma, outros fabricantes están a anunciar a posibilidade de que futuras versións dos seus navegadores deixen de admitir por defecto applets de java. En todo caso, e por razóns de seguridade, é posible que o seu navegador estea configurado para non aceptar o uso de applets.

En todo caso, a  Dirección Xeral de Ordenación do Xogo pon á súa disposición tres solucións de sinatura  que poderá utilizar en función das capacidades do seu  navegador:

  1. sinatura con applets de java
  2. Cl@veFirma
  3. Autofirma ou sinatura sen applets
  4. Firma con DNIeRemote

 

1. sinatura con applets de java Vuelve al inicio de la página

Poderá utilizar esta solución cando o seu navegador teña capacidade para tratar applets e dispoña dun certificado electrónico de clase 2 ou DNI electrónico.

Para máis información sobre os certificados e sinatura electrónica, consulte a páxina  axuda sobre certificados electrónicos e sinatura

 

2. Cl@veFirma Vuelve al inicio de la página

A Sede Electrónica da DGOJ implanta  tamén, entre os seus procedementos de sinatura electrónica, o sistema de sinatura na nube, denominado Cl@ve Firma.

Mediante o uso de Cl@ve Firma, poderanse asinar todas aquelas presentacións de solicitudes realizadas dende a nosa Sede Electrónica, ao igual que o pagamento da taxa administrativa do xogo.
Cl@ve Firma permite ao cidadán asinar electronicamente dende calquera dispositivo que teña conexión a Internet e sen ningún equipamento nin instalación de soporte lóxico adicional.

Para máis información, consulte a páxina clave sinatura

 

3. AutoFirma ou sinatura sen applets Vuelve al inicio de la página

Cando se precisa unha sinatura, o navegador do usuario lanza unha petición que é capturada pola aplicación de sinatura distribuída polo MINHAC AutoFirma, previamente instalada no equipo do usuario. Esta aplicación é a encargada de asinar o documento que se lle envía dende a Sede Electrónica da DGOJ, e automaticamente se conecta cos sistemas da DGOJ para devolvelo asinado.

A solución funciona tanto para o rexistro de solicitudes dende a sede electrónica como para asinar as solicitudes de pagamento de taxas na pasarela de pagamentos.

Sinatura en Servidor para o rexistro electrónico de solicitudes

Ao rexistrar electronicamente unha solicitude dende a sede electrónica, pídese ao solicitante a sinatura electrónica desta. Se se detecta que o navegador non admite applets, ou que ten o soporte a Javascript inhabilitado, dáse a opción de realizar a sinatura mediante a aplicación AutoFirma.

 

Arráncase a aplicación AutoFirma, mostrando en primeiro lugar unha mensaxe que solicita a execución de protocolo externo para poder iniciar a aplicación. Unha vez arrancada a aplicación, pedirase o certificado co que se ten que facer a sinatura de entre os instalados no equipo do usuario e, unha vez asinado, automaticamente enviarase o documento asinado aos sistemas da DGOJ para o seu procesamento.

  

 

Sinatura en Servidor nas solicitudes de pagamento da taxa de xogo

O funcionamento da sinatura na pasarela de pagamento é idéntico ao comentado para o rexistro electrónico. Antes de finalizar o proceso de sinatura, o solicitante debe asinar dixitalmente a petición de pagamento. Dáse a opción de utilización de Autofirma para realizar este trámite.

 

4. Firma con DNIeRemote Vuelve al inicio de la página

Permite utilizar o DNI electrónico se non dispón dun lector de tarxetas intelixentes no seu computador e o seu teléfono móbil dispón de lector  NFC.

DNIeRemote  converte o seu dispositivo móbil nun lector do  DNIe 3.0 conectado ao  PC, permitindo así acceder aos servizos da administración electrónica que requiren de autenticación con  certifi cado dixital, e realizar fi rmas dixitais en documentos a través das correspondentes aplicacións.

Descargue a aplicación para escritorio, a  app móbil e o manual de usuario na seguinte ligazón