De acordo co Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos (en diante RGPD), e a Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, a Dirección Xeral de Ordenación do Xogo (en diante DGOJ) comprométese ao cumprimento da súa obriga de segredo con respecto aos datos de carácter persoal e ao deber de tratalos con confidencialidade. Para estes efectos, adoptará as medidas necesarias para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado.
Adicionalmente, préstase a seguinte información adicional en relación á protección de datos persoais no tratamento específico levado a cabo pola DGOJ para posibilitar a xestión e tramitación de procedementos no ámbito de provedores de xogo autorizado:
Quen é o Responsable do tratamento dos seus datos?
Dirección Xeral de Ordenación do Xogo
r/Atocha 3, 28012 MADRID, España
dgoj.dgeneral@ordenacionjuego.gob.es
Delegado de Protección de Datos: Gabinete Técnico da Subsecretaría de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030.
Paseo del Prado 18, 28014, MADRID.
dpd@dsca.gob.es
Con que finalidade a DGOJ tratará os seus datos?
Na DGOJ trataremos os datos para a xestión dos datos facilitados polas persoas físicas ou xurídicas á hora de realizar calquera trámite administrativo cuxo fin está relacionado coa autorización de actividades de xogo tales como pago de taxas, concesión de licenzas, autorización de xogo de carácter ocasional, autoridades de certificación, Rexistro de Licenzas, etc.
Canto tempo serán conservados os meus datos nos Sistemas da DGOJ?
A DGOJ conservará os seus datos durante o tempo que sexa necesario para cumprir coa finalidade para a que se recadaron e para determinar as posibles responsabilidades que se puideren derivar de dita finalidade e do tratamento dos datos. Será de aplicación o disposto na normativa de arquivos e documentación.
Dito prazo nunca excederá de catro anos desde a extinción do título habilitante ao operador acorde aos supostos recollidos no artigo 9.5 da lei 13/2011 de Regulación do Xogo.
Que lexitima á DGOJ a tratar os seus datos para os fins indicados?
O tratamento dos seus datos é necesario para o cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos por parte da DGOJ (artigo 6.1.e do RGPD), e é necesario para dar cumprimento a unha obriga legal atribuída como responsable do tratamento destes (artigo 6.1.c del RGPD) a través da seguinte normativa:
- Ley 13/2011, de Regulación del juego (artigos 9, 10, 11, 12, 21 e 22)
Os datos achegados mediante o presente formulario son os mínimos estritamente necesarios para poder dar resposta á súa solicitude. Noutro caso, non estaremos capacitados para cursar a mesma.
A que destinatarios se comunicarán os seus datos?
Non está prevista la cesión ou tratamento dos presentes datos por terceiros. Só ás unidades do Departamento ministerial que resulten competentes por razón da materia (Real Decreto 495/2020, do 28 de abril, polo que se desenvolve a estrutura orgánica básica do Ministerio de Consumo).
Cales son os seus dereitos cando nos facilita os seus datos?
- Calquera persoa ten dereito a obter confirmación sobre se na DGOJ estamos a tratar datos persoais que lles concirnan, ou non
- As persoas interesadas teñen dereito a acceder aos seus datos persoais, así como a solicitar a rectificación dos datos inexactos.
- Poderá solicitar a limitación do tratamento dos seus datos, cando:
- Se impugne a exactitude dos mesmos e durante o prazo de tempo que permita á DGOJ verificar a exactitude dos mesmos.
- Solicite que os conservemos cando xa no sexan necesarios para o fin que se recolleron e previamente ao seu borrado por parte da DGOJ, en cuxo caso unicamente os conservaremos para o exercicio ou a defensa de reclamacións.
- Poderá exercer materialmente estes dereitos mediante solicitude dirixida á Dirección Xeral de Ordenación do Xogo por vía electrónica, a través desta páxina
ou presencialmente a través da rede de oficinas de asistencia en materia de rexistros mediante presentación deste modelo de solicitude (versión editable e imprimible
). - Así mesmo, pode presentar reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos cando considere que non se obtivo satisfacción no exercicio dos seus dereitos, xa sexa a través do seu formulario web (Formulario Reclamación da Axencia Española de Protección de Datos), ou de forma presencial na r/ Jorge Juan 6, 28001 MADRID.


