Sede electrónica — Dirección General de Ordenación del Juego

Accesos directos

Declaración de accesibilidade

A Dirección Xeral de Ordenación do Xogo comprometeuse a facer accesibles os seus sitios web de conformidade co Real Decreto 1112/2018, do 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público (en diante, Real Decreto 1112/2018, do 7 de setembro).

A presente declaración de accesibilidade aplícase ao sitio web https://sede.ordenacionjuego.gob.es.

Situación de cumprimento

Este sitio web é parcialmente conforme co Real Decreto 1112/2018, do 7 de setembro, debido á falta de conformidade dos aspectos que se indican a continuación.

Contido non accesible

O contido que se recolle a continuación non é accesible polo seguinte:

  1. Falta de conformidade co Real Decreto 1112/2018, do 7 de setembro: poderían existir erros puntuais de edición en algunha páxina web, tanto en contidos HTML como en documentos finais, publicados en data posterior ao 20 de setembro de 2018 (data de entrada en vigor do Real Decreto 1112/2018, do 7 de setembro).
  2. Carga desproporcionada: non aplica.
  3. O contido non entra dentro do ámbito da lexislación aplicable: poderían existir arquivos ofimáticos en PDF ou outros formatos publicados antes do 20 de setembro de 2018 que non cumpran na súa totalidade todos os requisitos de accesibilidade.

Preparación da presente declaración de accesibilidade

A presente declaración foi preparada o 21 de marzo de 2018.

O método empregado para preparar a declaración foi unha autoevaluación levada a cabo polo propio organismo.

Última revisión da declaración: 18 de setembro de 2020.

Observacións e datos de contacto

Pode realizar comunicacións sobre requisitos de accesibilidade (artigo 10.2.a) do Real Decreto 1112/2018, do 7 de setembro) como, por exemplo:

  • Informar sobre calquera posible incumprimento por parte deste sitio web.
  • Transmitir outras dificultades de acceso ao contido.
  • Formular calquera outra consulta ou suxestión de mellora relativa á accesibilidade do sitio web.

A través das seguintes vías:

As comunicacións serán recibidas e tratadas pola División de Tecnoloxías de Sistemas de Información (DTSI), como Unidade Responsable de Accesibilidade do Ministerio de Consumo.

Tamén pode solicitar en formato accesible información que non cumpra cos requisitos de accesibilidade ben por estar excluída, ben por estar exenta por carga desproporcionada; ou formular unha queixa por incumprimento dos requisitos de accesibilidade. Enlace ao procedemento de solicitude de información accesible e queixas do artigo 12 do Real Decreto 1112/2018, do 7 de setembro.

Procedemento de aplicación

A través deste procedemento poderá iniciar unha reclamación para coñecer e opoñerse aos motivos da desestimación dunha solicitude de información accesible ou queixa, instar a adopción das medidas oportunas no caso de non estar de acordo coa decisión adoptada, ou expoñer as razóns polas que se considera que a resposta non cumpre cos requisitos exixidos.

Enlace ao procedemento de reclamación, que debe dirixir á Unidade responsable de accesibilidade deste Ministerio ou, se a reclamación é por unha actuación de dita Unidade, ao superior xerárquico desta.

Contido opcional

A versión actualmente visible de este sitio web é de xaneiro de 2015 e nesa data fíxose a revisión do nivel de accesibilidade vinxente naquel momento (cumprimento das prioridades 1 e 2 da Norma UNE 139803:2012, conforme ao que dispoñía o Real Decreto 1494/2007, do 12 de novembro, polo que se aproba o Regulamento sobre as condicións básicas para o acceso das persoas con discapacidade ás tecnoloxías, produtos e servizos relacionados coa sociedade da información e medios de comunicación social).

A partir de dita data lévanon a cabo revisións parciais periódicas do contido web novo ou modificado, tanto das plantillas como das páxinas e documentos finais publicados, a fin de asegurar o cumprimento dos requerimentos de accesibilidade que actualmente son os de A e AA da norma WCAG 2.0, considerando as excepcións do Real Decreto 1112/2018, do 7 de setembro.

Adicionalmente, este sitio web é revisado polo Observatorio de Administración Electrónica (OBSAE), realizándose a última revisión en febreiro de 2018.

Entre outras, adóptanse as seguintes medidas para facilitar a accesibilidade:

  • Utilización de texto alternativo nas imaxes
  • As ligazóns ofrecen detalles da función ou destino do hipervínculo
  • Uso dos estándares do W3C: XHTML 1.0, CSS 3.0, WAI AA.

 

Organismos asociados

Portal de transparencia

Directorio Común de Unidades Orgánicas y Oficinas (DIR3)