Identificación da Sede

A sede electrónica é aquela dirección electrónica dispoñible a través de redes de telecomunicacións cuxa titularidade, xestión e administración corresponde a unha Administración Pública, órgano ou entidade administrativa no exercicio das súas competencias.

A sede electrónica da Dirección Xeral de Ordenación do Xogo está dispoñible a través do enderezo electrónico: https://sede.ordenacionjuego.gob.es/gl

A súa titularidade corresponde á Dirección Xeral de Ordenación do Xogo.

A responsabilidade da xestión e dos servizos postos a disposición dos cidadáns é da Subirección Xeral de Xestión e Relacións Institucionais da Dirección Xeral de Ordenación do Xogo.

A súa xestión tecnolóxica é competencia da Subdirección Xeral de Xestión e Relacións Institucionais.