Titularidade e réxime de responsabilidade da Sede Electrónica da Dirección Xeral de Ordenación do Xogo:
O artigo 38 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público, e o Real Decreto 203/2021, do 30 de marzo, polo que se regula a actuación e funcionamento del sector público por medios electrónicos, establecen que a creación da sede electrónica deberá identificar o seu titular, así como o órgano ou órganos responsables da súa xestión e dos servizos postos a disposición da cidadanía nesta.
En cumprimento de dito precepto o artigo 6 da Orde HAP/248/2013 do 2 de abril 2.3 do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, pola que se crea e regula a sede da Dirección Xeral de Ordenación do Xogo, establece que a titularidade da Sede Electrónica (https://sede.ordenacionjuego.gob.es/es) corresponde á Dirección Xeral de Ordenación do Xogo.
De acordo co art. 38.2 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público, “o establecemento dunha sede electrónica conleva a responsabilidade do titular respecto da integridade, veracidade e actualización da información e os servizos aos que poida accederse a través desta”. Pola súa banda, o Real Decreto 203/2021, do 30 de marzo, establece que el titular da sede electrónica que conteña ligazóns ou vínculos a outras sedes ou sitios web cuxa responsabilidade corresponda a distinto órgano ou Administración Pública non será responsable da integridade, veracidade nin actualización destes contidos.
A sede establecerá os medios necesarios para que o cidadán coñeza se a información ou servizo ao que accede corresponde á propia sede ou a un punto de acceso que non ten o carácter de sede ou a un terceiro”.
Neste sentido indícase a través de mensaxes sobre as ligazóns se accedendo a eles se abandona a sede o pola contra se permanece nela.
Privacidade e Protección de Datos
Propiedade intelectual:
Tanto o deseño desta Sede e os seus códigos fonte, como os logos, marcas, e demais signos distintivos que aparecen nela, pertencen á Dirección Xeral de Ordenación do Xogo e están protexidos polos correspondentes dereitos de propiedade intelectual e industrial.
O artigo 13.c) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións, determina que se garantirá o uso das linguas oficiais no territorio da súa Comunidade Autónoma, así como no artigo 15 establece que “a lingua dos procedementos tramitados pola Administración Xeral do Estado será o castelán. Non obstante o anterior, os interesados que se dirixan aos órganos da Administración Xeral do Estado con sede no territorio dunha Comunidade Autónoma poderán utilizar tamén a lingua que sexa cooficial nela. Neste caso, o procedemento tramitarase na lingua elixida polo interesado.”.
Uso de linguas cooficiais na Sede Electrónica Central
De conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, e na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público, garantirase o uso das linguas oficiais do Estado nas relacións por medios electrónicos da cidadanía coas Administracións Públicas, nos termos previstos na normativa vixente e na que resulte de aplicación en cada caso.
A estes efectos, as sedes electrónicas cuxo titular teña competencias sobre territorios con réxime de cooficialidade lingüística posibilitarán o acceso aos seus contidos e servizos nas linguas correspondentes.
Os sistemas e aplicacións utilizados na xestión electrónica dos procedementos adaptaranse ao disposto en materia de uso de linguas oficiais e cooficiais na Lei 39/2015, do 1 de outubro, e no resto de normativa aplicable.
A utilización das linguas cooficiais en calquera lugar desta sede no prexuíza a súa admisibilidade en todos os procedementos integrados nela, que se resolverá en cada caso mediante a aplicación da normativa procedemental vixente.
Dereito aplicable e xurisdición competente
A lei aplicable en caso de disputa ou conflito de interpretación dos termos que conforman este Aviso Legal, así como calquera cuestión relacionada cos servizos da presente Sede, será a lei española.
Para a resolución de calquera conflito que poida xurdir con ocasión da visita á Sede ou do uso dos servizos que nela se ofertan, este Ministerio e o Usuario acordan someterse aos Xuíces e Tribunais do domicilio do Usuario, sempre que o mesmo estea situado en territorio español.


