Privacidade e Protección de Datos

A Dirección Xeral de Ordenación do Xogo é a entidade responsable do tratamento dos datos de carácter persoal subministrados polos usuarios na Sede Electrónica.

Os datos achegados polo interesado utilizaranse, con carácter único e exclusivo, para os fins previstos no procedemento ou actuación dos que se trate, así como a xestión das contas de usuario rexistradas na sede e a comunicación e notificación co interesado. De acordo co Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos, a Dirección Xeral de Ordenación do Xogo comprométese ao cumprimento da súa obriga de segredo con respecto aos datos de carácter persoal e ao deber de tratalos con confidencialidade. Para estes efectos, adoptará as medidas necesarias para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado.

En ningún caso, os referidos datos serán obxecto de tratamento ou de cesión a terceiros, se non é co consentimento inequívoco do afectado, ou nos supostos previstos nos artigos 6 e 49 do citado Regulamento 2016/679, do 27 de abril de 2016.

En cumprimento do que dispón o citado Regulamento 2016/679, o cedente dos datos poderá exercitar en todo momento os dereitos de acceso, rectificación, oposición ou limitación do tratamento respecto aos datos subministrados para calquera dos procedementos e servizos dispostos nesta sede.

En tal caso, co fin de que se poida determinar se existen datos relativos á súa persoa tratados pola Dirección Xeral de Ordenación do Xogo, e poder exercer materialmente os seus dereitos atribuídos sobre estes, deberá presentar unha solicitude dirixida á Dirección Xeral de Ordenación do Xogo  como responsable do tratamento dos seus datos, ou a través da rede de oficinas de asistencia en materia de rexistros (https://administracion.gob.es).

Se fose o caso, unha vez recibida esta información, poderase dar resposta á consulta solicitada, notificándolle as accións realizadas.

Así mesmo, pode presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de datos cando considere que non obtivera satisfacción no exercicio dos seus dereitos, así como solicitar máis información sobre obrigas e dereitos relativos á Protección de datos de Carácter Persoal, xa for a través do seu formulario web (Formulario Reclamación da Axencia Española de Protección de datos), ou de forma presencial na rúa Jorge Juan 6, 28001 MADRID.

Esta política de privacidade é de aplicación ás páxinas da sede. Non se garante nos accesos a través de ligazóns con este sitio, nin nas ligazóns dende este sitio con outras webs.