De acordo co Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos (en diante RGPD), e a Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, a Dirección Xeral de Ordenación do Xogo (en diante DGOJ) comprométese ao cumprimento da súa obriga de segredo con respecto aos datos de carácter persoal e ao deber de tratalos con confidencialidade. Para estes efectos, adoptará as medidas necesarias para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado.
Adicionalmente, préstase a seguinte información adicional en relación á protección de datos persoais no tratamento específico levado a cabo pola DGOJ para o correcto rexistro e control das visitas:
Quen é o Responsable do tratamento dos seus datos?
Dirección Xeral de Ordenación do Xogo
r/Atocha 3, 28012 MADRID, España
dgoj.dgeneral@ordenacionjuego.gob.es
Delegado de Protección de Datos: Gabinete Técnico da Subsecretaría de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030.
Paseo del Prado 18, 28014, MADRID.
dpd@dsca.gob.es
Con que finalidade a DGOJ tratará os seus datos?
Na DGOJ trataremos os datos que nos fornece durante o rexistro e control das visitas co obxecto de garantir a seguridade das persoas, bens e instalacións da DGOJ.
Canto tempo serán conservados os meus datos nos Sistemas da DGOJ?
A DGOJ conservará os seus datos durante o tempo que sexa necesario para cumprir coa finalidade para a que se recadaron e para determinar as posibles responsabilidades que se puideren derivar de dita finalidade e do tratamento dos datos.
Dito prazo nunca excederá dun mes, salvo aqueles supostos en que se deban conservar para acreditar a comisión de actos que atenten contra a integridade de persoas, bens ou instalacións.
Que lexitima á DGOJ a tratar os seus datos para los fins indicados?
O tratamento dos seus datos é necesario para o cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos por parte da DGOJ (artigo 6.1.e do RGPD), e é necesario para dar cumprimento a unha obriga legal atribuída como responsable do tratamento destes (artigo 6.1.c do RGPD) a través da seguinte normativa:
- Ley 5/2014 de 4 de abril, de Seguridad Privada
Os datos achegados mediante o presente rexistro son os mínimos estritamente necesarios para poder realizar o control de acceso.
A que destinatarios se comunicarán os seus datos?
Os seus datos non serán transferidos a terceiros países nin está prevista a súa cesión en ningún caso a terceiros salvo ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado cando así o requiran para o desenvolvemento das súas investigacións.
Cales son os seus dereitos cando nos facilita os seus datos?
- Calquera persoa ten dereito a obter confirmación sobre se na DGOJ estamos a tratar datos persoais que lles concirnan, ou non.
- As persoas interesadas teñen dereito a acceder aos seus datos persoais, así como a solicitar a rectificación dos datos inexactos.
- En determinadas circunstancias, e por motivos relacionados coa súa situación particular, que deberá motivar, poderá opoñerse ao tratamento dos seus datos. A DGOJ deixará de tratar os seus datos, salvo que se acrediten motivos lexítimos imperiosos para o tratamento que prevalezan sobre os seus intereses, os seus dereitos e as súas liberdades, ou para a formulación, o exercicio e a defensa das súas reclamacións.
- Poderá solicitar a limitación do tratamento dos seus datos, cando:
- Se impugne a exactitude dos mesmos e durante o prazo de tempo que permita á DGOJ verificar a exactitude dos mesmos.
- Solicite que os conservemos cando xa no sexan necesarios para o fin que se recolleron e previamente ao seu borrado por parte da DGOJ, en cuxo caso unicamente os conservaremos para o exercicio ou a defensa de reclamacións.
- Unha vez solicitado o exercicio do seu dereito de oposición ao tratamento, mentres se verifica se os motivos lexítimos da DGOJ para tratar os seus datos prevalecen sobre os seus.
- Poderá exercer materialmente estes dereitos mediante solicitude dirixida á Dirección Xeral de Ordenación do Xogo por vía electrónica, a través desta páxina
ou presencialmente a través da rede de oficinas de asistencia en materia de rexistros mediante presentación deste modelo de solicitude (versión editable e imprimible
). - Así mesmo, pode presentar reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos cando considere que non se obtivo satisfacción no exercicio dos seus dereitos, xa sexa a través do seu formulario web (Formulario Reclamación da Axencia Española de Protección de Datos), ou de forma presencial na r/ Jorge Juan 6, 28001 MADRID.


