A Sede electrónica da Dirección Xeral de Ordenación do Xogo identifícase ante o cidadán grazas a un certificado electrónico. Este foi emitido e asinado pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT).
Para que a identificación se produza correctamente o seu navegador debe confiar nesta entidade como emisora de certificados, o que pode requirir accións pola súa banda descritas neste documento.
Internet Explorer
Se vostede usa Internet Explorer nas súas últimas versións e se aplicaron correctamente as actualizacións de seguridade quizais non vexa ningún aviso e en consecuencia non deba realizar ningunha acción.
Se usa Internet Explorer pero non está actualizado, pode descargar e instalar o seguinte parche de actualización: Parche de actualización para Internet Explorer ou realizar a instalación manual descrita a continuación.
Abra a páxina da FNMT que contén os certificados raíz:
Páxina da FNMT cos seus certificados raíz
e pique sobre a icona xunto a "Certificado Raíz da FNMT-RCM". Despois, pulse en abrir:
e na ventá que aparece, pulse directamente no botón "Aceptar":
Volva escribir na súa barra de enderezos a da Sede electrónica da Dirección Xeral de Ordenación do Xogo e abrirase sen ningunha advertencia.
De volta á páxina da FNMT, na parte inferior da ventá, repita o proceso para o "Certificado Raíz da APE".
Mozilla Firefox
A mensaxe que se lle terá mostrado será similar ao seguinte: Esta conexión non está verificada
Para evitalo, siga os seguintes pasos:
Abra a páxina da FNMT que contén os certificados raíz:
Páxina da FNMT cos seus certificados raíz
e pique sobre a icona xunto a "Certificado Raíz da FNMT-RCM":
Verá unha ventá na que debe seleccionar para que propósitos confía neste certificado.
Seleccione todos e pulse sobre o botón "Aceptar":
De volta á páxina da FNMT, na parte inferior da ventá, repita o proceso para o "Certificado Raíz da APE":
Volva escribir na súa barra de enderezos a da Sede electrónica da Dirección Xeral de Ordenación do Xogo e abrirase sen ningunha advertencia.