Información Adicional de Protección de datos no Tratamento de Inspección e Supervisión do Mercado de Xogo

De acordo co Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos, a Dirección Xeral de Ordenación do Xogo comprométese ao cumprimento da súa obriga de segredo con respecto aos datos de carácter persoal e ao deber de tratalos con confidencialidade. Para estes efectos, adoptará as medidas necesarias para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado.

Adicionalmente, préstaselle a seguinte información adicional en relación á protección de datos persoais no tratamento para a supervisión, inspección e monitorización do mercado do xogo:

Quen é o Responsable do tratamento dos seus datos?

Dirección Xeral de Ordenación do Xogo
rúa Atocha 3, 28012 MADRID, España
dgoj.dgeneral@hacienda.gob.es

Delegado de Protección de datos: Subdirección Xeral de Información de Transparencia e Contidos Web.
Rúa Alcalá, 9, 28071 MADRID.
DPDHacienda@hacienda.gob.es

Con que finalidade a DGOJ tratará os seus datos e por canto tempo os conservaremos?

Na DGOJ trataremos os datos que nos subministra a través deste formulario e a súa información adxunta para monitorizar, investigar, supervisar, controlar e inspeccionar as actividades de xogo online. Adicionalmente, con fins estatísticos, históricos e científicos en materia de xogo, así como da súa incidencia na sociedade.

Estes datos achegados serán conservados nos nosos sistemas durante 10 anos dende a extinción dos títulos habilitantes acorde aos supostos recollidos no artigo 9.5 da Lei 13/2011 de regulación do xogo, e sempre que non existan procedementos en fase de instrución.

Que lexitima a DGOJ a tratar os seus datos para os fins indicados?

O tratamento dos seus datos é necesario para o cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio dos poderes públicos conferidos á DGOJ, a través dos artigos 21 e 22 da Lei 13/2011 de regulación do xogo.

Os datos achegados mediante o presente formulario son os mínimos para poder dar resposta á súa solicitude, polo que todos os datos se consideran obrigatorios. Noutro caso, non estaremos capacitados para cursala.

A que destinatarios se comunicarán os seus datos?

Os seus datos persoais comunicaranse ás forzas e corpos de seguridade do Estado e ao Servizo Executivo da Comisión de Prevención do Branqueo de Capitais e Infraccións Monetarias (artigo 24 Lei 13/2011, do 27 de maio, de regulación do xogo), así como a xulgados e tribunais, e á AEAT.

Adicionalmente, en xogos ofertados en ámbito de liquidez internacional, ás Autoridades reguladoras de xogo online dos distintos Estados membros (artigos 21 e 24 da Lei 13/2011).

 Cales son os seus dereitos cando nos facilita os seus datos?

  • Calquera persoa ten dereito a obter confirmación sobre se na DGOJ estamos a tratar datos persoais que lles concirnan.
  • As persoas interesadas teñen dereito a acceder aos seus datos persoais, así como a solicitar a rectificación dos datos inexactos. Poderá exercer materialmente estes dereitos mediante unha solicitude dirixida á DGOJ ou a través da rede de oficinas de asistencia en materia de rexistros (https://administracion.gob.es).
  • Así mesmo, pode presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de datos cando considere que non obtivo satisfacción no exercicio dos seus dereitos, xa for a través do seu formulario web  (Formulario Reclamación da Axencia Española de Protección de datos), ou de forma presencial na rúa Jorge Juan, 6, 28001 MADRID.