Información Adicional de Protección de datos no Tratamento de Xestión e Tramitación de Procedementos no ámbito de provedores de xogo autorizado en materia de Xogo

Consonte o  Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos  (en diante RXPD), e a  Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, a Dirección Xeral de Ordenación do Xogo (en diante DXOX) comprométese ao cumprimento da súa obriga de segredo con respecto aos datos de carácter persoal e ao deber de tratalos con confidencialidade. Para estes efectos, adoptará as medidas necesarias para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado.

Adicionalmente, préstaselle a seguinte información adicional en relación á protección de datos persoais no tratamento específico levado a cabo pola DXOX para posibilitar a xestión e tramitación de procedementos no ámbito de provedores de xogo autorizado:

Quen é o Responsable do tratamento dos seus datos?

Dirección Xeral de Ordenación do Xogo
rúa Atocha 3, 28012 MADRID, España
DXOX.dgeneral@hacienda.gob.es

Delegado de Protección de datos: Subdirección Xeral de Información de Transparencia e Contidos Web.
Rúa Alcalá 9, 28071 MADRID.
DPDHacienda@hacienda.gob.es

Con que finalidade a DXOX tratará os seus datos?

Na DXOX trataremos os datos que nos subministra a través deste formulario e a súa información anexa para a xestión dos datos facilitados polas persoas físicas ou xurídicas á hora de realizar calquera trámite administrativo cuxo fin está relacionado coa autorización de actividades de xogo, tales como pagamento de taxas, concesión de licenzas, autorización de xogo de carácter ocasional, autoridades de certificación, Rexistro de Licenzas, etc.

Canto tempo serán conservados os meus datos nos Sistemas da DXOX?

A DXOX conservará os seus datos durante o tempo que sexa necesario para cumprir coa finalidade para a que se solicitaron e para determinar as posibles responsabilidades que se puidesen derivar da devandita finalidade e do tratamento dos datos. Será de aplicación o disposto na normativa de arquivos e documentación.

O devandito prazo nunca excederá de catro anos dende a extinción do título habilitante ao operador acorde aos supostos recollidos no artigo 9.5 da Lei 13/2011 de regulación do xogo.

Que lexitima a DXOX a tratar os seus datos para os fins indicados?

O tratamento dos seus datos é necesario para o cumprimento dunha obriga legal aplicable á DXOX a través dos artigos 9, 10, 11, 12, 21 e 22 da Lei 13/2011 de regulación do xogo.

Os datos achegados mediante o presente formulario son os mínimos estritamente necesarios para poder dar resposta á súa solicitude. Noutro caso, non estaremos capacitados para cursala.

A que destinatarios se comunicarán os seus datos?

Non está prevista a cesión ou tratamento dos presentes datos por terceiros. 

Cales son os seus dereitos cando nos facilita os seus datos?

  • Calquera persoa ten dereito a obter confirmación sobre se na DXOX estamos a tratar datos persoais que lles concirnan.
  • As persoas interesadas teñen dereito a acceder aos seus datos persoais, así como a solicitar a rectificación dos datos inexactos.
  • Poderá solicitar a limitación do tratamento dos seus datos, cando:
    • se impugne a exactitude destes e durante o prazo de tempo que permita á DXOX verificar a súa exactitude;
    • solicite que os conservemos cando xa non sexan necesarios para o fin que se recolleron e previamente á súa eliminación por parte da DXOX, en cuxo caso unicamente os conservaremos para o exercicio ou a defensa de reclamacións;
  • Poderá exercer materialmente estes dereitos mediante unha solicitude dirixida á DXOX ou a través da rede de oficinas de asistencia en materia de rexistros (https://administracion.gob.es).
  • Así mesmo, pode presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de datos cando considere que non obtivo satisfacción no exercicio dos seus dereitos, xa for a través do seu formulario web  (Formulario Reclamación da Axencia Española de Protección de datos), ou de forma presencial na rúa Jorge Juan, 6, 28001 MADRID.