INSTRUCIÓNS RELATIVAS AO REQUIRIMENTO DE INFORMACIÓN
O requirimento de información remitido dende a Dirección Xeral de Ordenación do xogo indica que debe achegar a seguinte información.
- O Plan de Calidade dos procesos de extracción de datos executado.
- Rectificación dos datos do SCI incorrectos.
- Nova extracción de datos en formato Excel, no caso de que haxa circunstancias que fagan imposible ou moi difícil a rectificación dos datos incorrectos do SCI
Isto tradúcese na presentación antes do 31 de decembro con carácter obrigatorio de:
- O Plan de Calidade dos procesos de extracción de datos executado. (Non existe modelo, cada operador entregará o plan de calidade que realizase).
- Declaración de se realizou a rectificación dos datos do SCI. (Non existe modelo, cada operador pode realizar a declaración como estime oportuno).
Ademais se o operador declarou que rexenerou os datos rectificando ou substituíndo os datos do SCI, durante xaneiro de 2014 se abrirá un período de comprobación da calidade dos datos do 2012 e 2013. No suposto de que persistan as incidencias comunicaráselle a obriga de realizar a extracción dos datos en formato Excel correspondentes ás operacións dende o inicio de actividade ata o 31 de decembro de 2013.
Se o operador declarou imposibilidade de realizar a rectificación dos datos do SCI, queda automaticamente obrigado a realizar a extracción dos datos en formato Excel sendo o prazo máximo da entrega de 15 días a contar dende o 1 de xaneiro de 2014.
Para a extracción de datos existen dous modelos que poden descargar premendo as seguintes ligazóns: Modelo Operador_RU_Año.xlsx | Modelo Operador_CJ_Año.xlsx
Podes baixar as instrucións para a súa cumprimentación
Tamén pode solicitar os modelos a través da caixa de correo de soporte á monitorización (dgoj.supervmonitorizacion@hacienda.gob.es). Poñeranse a disposición dos operadores tan pronto como sexa posible.
Toda a información arriba descrita pode ser presentada a través do Rexistro presencial ou ben na sede electrónica.
INSTRUCIÓNS RELATIVAS Á PRESENTACIÓN EN SEDE ELECTRÓNICA
A través da sede electrónica habilitouse o seguinte trámite:
SEDE: https://sede.ordenacionjuego.gob.es
- SECCIÓN: Procedementos e Servizos Electrónicos -> Para o operador -> Obrigas de comunicacións do operador -> Información non periódica
PROCEDEMENTO Plan de calidade do SCI
Neste trámite pode presentar por separado ou conxuntamente os tres tipos de información.
Para ilustrar o seu funcionamento imos proporcionar varios exemplos.
- Exemplo 1 ( Solicitude con Plan de calidade + Declaración + Extracción do 2012 - Solicitude coa extracción do 2103)
O día 26 de decembro o operador presenta o plan de calidade, a declaración de que non é posible realizar a rexeneración dos datos do SCI e a extracción de datos correspondente ao ano 2012.
A extracción de datos do 2013 presentaraa nunha solicitude posterior.
- Exemplo 2. (Solicitude con Plan de calidade + Solicitude con Declaración)
O día 10 de decembro presenta o plan de calidade
O día 28 de decembro presenta a declaración indicando que se rexeneraron os datos do SCI.
Xa non é necesario presentar nada máis, salvo que se lle indique dende a DXOX que se require unha extracción tras o período de comprobación.
- Exemplo 3. (Solicitude con Plan de calidade - Solicitude con Declaración - Solicitude con extracción de datos)
O día 26 de decembro presenta o plan de calidade
O día 30 de decembro presenta a declaración indicando que non se poden rexenerar os datos do SCI.
O día 7 de xaneiro presenta a extracción dos datos do 2102 e 2013
